viernes, 29 de enero de 2021

Exposición: Valente e a unidade das artes. Cátedra Valente de Poesía e Estética

 

Exposición: Valente e a unidade das artes. Cátedra Valente de Poesía e Estética

Data de celebración: 10/12/2019

Visto: 129 veces

Pazo de Fonseca. 7 de novembro de 2019 - 4 de xaneiro de 2020

“Valente e a unidade das artes” é unha exposición comisariada por Claudio Rodríguez Fer que fai visible a parte artística dos fondos da Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética da Universidade de Santiago de Compostela, conformados polo importante legado do poeta en cuestión, quen fixo doazón á USC do seu arquivo e da súa biblioteca persoais e de quen este ano se cumpre o noventa aniversario do seu nacemento. Inaugurouse o 7 de novembro de 2019, ás oito da tarde, no salón artesoado do histórico Colexio de Fonseca (Rúa do Franco de Santiago de Compostela), onde permaneceu aberta ata o 4 de xaneiro. José Ángel Valente (Ourense, 1929 - Ginebra, 2000), Doutor Honoris Causa pola USC, onde estudou un curso, foi un verdadeiro escritor universal que se caracterizou pola interculturalidade e a interdisciplinariedade da súa obra. En consonancia coa súa crenza na unidade das artes, Valente publicou moi importantes libros de artista con diversos pintores e escultores europeos, cuxas contribucións se expoñen completas: Antonio Saura, Eduardo Chillida, Paul Rebeyrolle, Jürgen Partenheimer, Rafa Forteza e, sobre todo, Antoni Tàpies, o autor con quen máis veces colaborou e a que se debe o logotipo da Cátedra Valente. Este diálogo perdurou tras a súa morte, pois a súa esposa Coral, Leopoldo Nóvoa ou Rafael Pérez Carrió editaron postumamente, con versos do poeta, libros de artista que tamén se expoñen completos. A Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética, fundada no ano 2000 e dirixida polo profesor e poeta Claudio Rodríguez Fer, especialista na obra do seu amigo ourensán, publicou xa unha vintena de libros contando cada un cunha ilustración debida a artistas vinculados persoal ou esteticamente con Valente, como Coral, Baruj Salinas, Sara Lamas, Leopoldo Nóvoa, Menchu Lamas, Antón Patiño, María José Santiso, Carlos Schwartz, Lola Valls, Antón Sobral ou Alejandro Vidal, pezas así mesmo expostas, á que se engadiu ademais obra orixinal dalgúns dos autores citados e de vellos amigos do poeta, como o seu conterráneo Virxilio.

Rodríguez Fer, Claudio

Dpto. Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral. Comisario da exposición, Universidade de Santiago de Compostela

 

Exposición: Valiente y la unidad de las artes. Cátedra Valente de Poesía y Estética

Fecha de celebración: 12/10/2019

Visto: 129 veces

Pazo de Fonseca. 7 de noviembre de 2019 - 4 de enero de 2020

“Valente y la unidad de las artes” es una exposición comisariada por Claudio Rodríguez Fer que visibiliza la parte artística de los fondos de la Cátedra José Ángel Valente de Poesía y Estética de la Universidad de Santiago de Compostela, formada por el importante legado de el poeta en cuestión, donación a la USC de su archivo y biblioteca personal y de quien este año se cumple el nonagésimo aniversario de su nacimiento. Fue inaugurado el 7 de noviembre de 2019, a las ocho de la tarde, en el salón artesanal del histórico Colegio de Fonseca (Rúa do Franco de Santiago de Compostela), donde permaneció abierto hasta el 4 de enero. José Ángel Valente (Ourense, 1929 - Ginebra, 2000), Doctor Honoris Causa por la USC, donde cursó un curso, fue un verdadero escritor universal que se caracterizó por la interculturalidad e interdisciplinariedad de su obra. En línea con su creencia en la unidad de las artes, Valente ha publicado libros de artista muy importantes con diversos pintores y escultores europeos, cuyas contribuciones se exponen en su totalidad: Antonio Saura, Eduardo Chillida, Paul Rebeyrolle, Jürgen Partenheimer, Rafa Forteza y, sobre todo, Antoni Tàpies, el autor con el que más ha colaborado y al que se debe el logo de la Cátedra Valente. Este diálogo se prolongó después de su muerte, ya que su esposa Coral, Leopoldo Nóvoa y Rafael Pérez Carrió publicaron póstumamente, con versos del poeta, libros de artista que también se exhiben íntegramente. La Cátedra José Ángel Valente de Poesía y Estética, fundada en 2000 y dirigida por el profesor y poeta Claudio Rodríguez Fer, especialista en la obra de su amigo ourense, ya ha editado una veintena de libros, cada uno con una ilustración debida a un vínculo personal o estético. artistas con Valente, como Coral, Baruj Salinas, Sara Lamas, Leopoldo Nóvoa, Menchu ​​Lamas, Antón Patiño, María José Santiso, Carlos Schwartz, Lola Valls, Antón Sobral o Alejandro Vidal, piezas también expuestas, a las que se sumó en Además obra original de algunos de los autores citados y viejos amigos del poeta, como su compatriota Virgilio.

Rodríguez Fer, Claudio

 

Dpto. Lengua y Literatura Españolas, Teoría de la Literatura y Lingüística General. Comisario de la exposición, Universidad de Santiago de Compostela